O Concello
de Ordes deberá explicar, a preguntas do Grupo municipal popular e durante o próximo pleno municipal, o "sobrecuste" que suporán
os traballos de desmontaxe e derrubamento da torre do reloxo da antiga Casa
do Concello e a posterior reconstrucción da mesma, "se é que finalmente se
materializa o compromiso de reposición anunciado desde o Goberno local".
O Partido
Popular de Ordes mostra tamén a súa desconfianza do compromiso municipal de conservación do
reloxo e das campás aloxadas no interior da torre, "tendo en conta a facilidade
que ten o Concello de Ordes para perder elementos valiosos do seu patrimonio".
Proba diso é a “desaparición” da balaustrada de cantería que pechaba un dos
lindeiros da antiga Alameda, e que foi substituída por un elemento metálico
tras a chegada de Manuel Regos á Alcaldía de Ordes, sempre segundo o PP de Ordes.
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular
“Só ao alcalde de Ordes se lle podía ocorrer unha idea tan custosa como disparatada: desfacer a torre do reloxo para volver construíla, iso si, con cargo aos impostos que pagan todos os veciños e a unha débeda municipal que non cesa de medrar”
*