jueves, 6 de diciembre de 2012

Este Nadal non o esquezas: fai as túas compras nos comercios de Ordes

O Concello de Ordes emprende unha campaña de concienciación para aumentar o consumo no comercio local 

Baixo o lema 'Merca no teu Concello, merca en Ordes' o Concello de Ordes ven de emprender unha campaña de concienciación na que se anima a todos os veciños e veciñas a realizar a súas compras no ámbito local. Dita iniciativa estase a desenvolver a través das redes sociais, no ámbito da prensa escrita, e a través da cartelería distribuida polo municipio. Tamén se teñen realizado cuñas radiofónicas que diariamente se emiten dende a emisora local.

Beneficios do comercio local
Entre os beneficios que se destacan por mercar no pequeno comercio do municipio sobresale a incidencia que isto ten na xeración de emprego e riqueza para o municipio, xa que o 80% dos postos de traballo ubicase no ámbito das PEMES. Con este hábito tamén se fomenta a diversidade empresarial, o que supón un reparto da riqueza entre un maior número de axentes e persoas. 

Outro dos beneficios desta medida é a reducción do risco do emprego de man de obra barata  por parte das grandes multinacionais, aspecto que se da sobre todo en países con vacíos lexislativos neste tipo de dereitos.

*