Os populares alertan dunha "indignación veciñal pola
subida do IBI, que nalgún caso cuadriplica a
tarifa habitual"
Segundo o Partido Popular de Ordes, a situación
de abandono na que o Concello ten sumidas ás parroquias, a subida
do IBI aplicada polo Goberno local e a incerteza dos propietarios ante o
resultado final do PXOM, son algúns dos asuntos que
máis preocupan aos veciños do medio rural de Ordes. Estas son as conclusións ás que chegaron os populares logo da rolda de reunións que celebraron nas diferentes
parroquias do municipio.
O portavoz
municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que desde
mediados de novembro participa en cada unha destas xuntanzas acompañado por
concelleiros do seu grupo, valora a elevada asistencia de veciños a estas
reunións, que adoiten ter como escenario os locais sociais de cada parroquia e
nas que aproveita para explicar o labor de oposición que está a desenvolver e
tamén para tomar nota das necesidades de cada zona. As propostas recollidas
serán defendidas despois no pleno da corporación municipal.
Informa
tamén o portavoz popular aos veciños sobre a situación económica do Concello de
Ordes, que acumula unha débeda superior aos dez millóns de euros, sen que esa
elevada carga financeira se teña traducido nunha mellora dos servizos
municipais a disposición dos contribuíntes.
Martínez Sanjurjo. |
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
"Como
exemplos de actuacións nas que o Goberno de Manuel Regos leva dilapidado esta cifra, dende o
PP recordamos as obras da nova Casa Consistorial e a rehabilitación da antiga, que
a piques estivo de provocar o seu derrubamento, e quedará pechada ao público a
medio prazo como consecuencia dos danos rexistrados na estructura da mesma, a
ampliación da Alameda, ou a construcción dunha cafetería de luxo na zona
deportiva, xunto ao campo de fútbol, na que o Concello de Ordes gastou cen millóns das antigas pesetas.
"Ao comparar
estes feitos coa brutal subida do IBI que o Concello de Ordes ven de aplicar, con atrasos de ata catro anos que chegan a cuadriplicar o importe aboado ata o
de agora, os veciños expresan o seu malestar coa xestión do Goberno local, ao
que tamén reprochan a ausencia de servizos municipais nas áreas rurais: as
pistas carecen de mantemento, os centros sociais e o alumeado acusan unha
conservación deficiente, mentres que outros servizos, como o saneamento ou o
abastecemento de auga, son inexistentes para unha elevada porcentaxe de
residentes"
*