Caderno de Ordes está editado por Toxosoutos, |
A partir das 20:00 horas no restaurante El Túnel
A Asociación Cultural Inquedanza organiza este
venres 21 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro Caderno de
Ordes, obra do ordense Euloxio R. Ruibal. Un acto que terá lugar no
restaurante El Túnel, e que contará coa presenza do autor, que será
presentado polo presidente da Asociación Cultural Inquedanza, Carlos Pérez
Casas.
A asistencia ao acto é libre e gratuíta, estando tamén confirmada a
participación de profesores do IES Maruxa Mallo e de membros da Editorial
Toxosoutos, editora do libro.
Quen é Euloxio Ruibal?
Euloxio Rodríguez Ruibal nace en Ordes o 16 de marzo 1945. É dramaturgo, guionista, narrador e ensaísta. Considera un dos renovadores do
teatro galego, Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua
galega.
Na actualidade é profesor asociado da Facultade de Ciencias da
Información da Universidade de Santiago de Compostela e
arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, institución da que é membro
dende marzo de 2005.
Euloxio R. Ruibal |
Dramaturgo
Ademais de ser presidente da Asociación de
Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia,
Euloxio Rodríguez Ruibal formou parte do grupo Ditea, prestixiosa
agrupación de teatro afeccionado compostelán e unha das máis antigas en
funcionamento en toda España, e fundou o grupo de teatro Obradoiro.
Entre
os premios que ten recibido nos últimos tempos figuran o Abrente (1973 e 1975),
Álvaro Cunqueiro (1989) e Valle Inclán (2005).
*