miércoles, 12 de diciembre de 2012

Un grupo de veciños aprenden os segredos da informática e a internet

O grupo de corenta veciños participantes no curso de informática e uso da internet do Concello de Ordes.
Silvia Marín: "É de destacar os méritos de todos estes alumnos e alumnas por esforzarse en adquirir novos coñecementos"

Arredor de corenta veciños e veciñas de Ordes recolleron onte, de mans da tenente alcalde Silvia Marín, o diploma que corrobora os coñecementos adquiridos na rama de informática e no uso da internet

Uns coñecementos adquiridos grazas ó curso promovido polo Concello de Ordes e homologado pola Xunta de Galicia que se desenvolveu nas últimas semanas na aula de informática, ubicada na Casa da Cultura.  

As frases de Silvia Marín, tenente de alcalde de Ordes
"É de destacar os méritos de todos estes alumnos e alumnas por esforzarse en adquirir novos coñecementos, así como pola asistencia ás clases en horario nocturno”

"Vos animo a todos a continuar con esta aprendizaxe nos cursos que o Concello ten pensado convocar en próximas datas, nos cales se ofrecerán coñecementos máis avanzados porque consideramos imprescindible para calquera saber utilizar un ordenador e navegar pola internet

*