O portavoz municipal dos socialistas de Ordes,
Xesús Pedreira, amosou onte a súa satisfacción pola inclusión no POS 2013 das dúas
propostas de actuacións realizadas polos socialistas e que hoxe foi aprobada
por unanimidade polo pleno municipal en sesión extraordinaria.
As dúas obras conseguidas polos socialistas
ordenses son o remate da urbanización no Laranxal (no barrio ordense do Piñeiro
e que inclúe a creación de beirarrúas na zona) e o arranxo da pista do Quinto,
que comunica coas localidades de Parada e de Castenda dende a estrada AC-413
(Ordes-Carballo), un vial moi utilizado e que se atopa en malas condicións.
Xesús Pedreira considera que “son dúas obras moi necesarias e pedidas polos veciños e veciñas destas parroquias e cuxo custo foi asumido polo Concello con cargo ao POS 2013”.
*