Estado da estrada de Esmorís no cruce coa N-550. |
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, amosou
a súa satisfacción porque o Plan de Obras e Servizos (POS) do ano 2013 incluirán
catro obras propostas polo BNG de Ordes nas parroquias de Buscás, Pereira e Viilamaior, que suporán un
investimento de 125.000 euros, un 30% do total dos recursos destinados ao POS.
Esta propostas foron
realizadas polos nacionalistas no último pleno da Corporación municipal, onde
se adquiriu o compromiso de levar estas propostas a unha comisión de urbanismo
para aprobar as memorias e proxectos de execución destas obras.
As propostas do
BNG que foron incluidas finalmente no POS para o exercicio 2013, foron as seguintes:
1.- Pavimentación
con aglomerado da estrada que vai de
Esmorís á intersección coa N-550, na parroquia de Buscás.
2.- Pavimentación
das seguintes pistas na parroquia de Pereira:
a pista que vai de Pereira ao Carballo e a pista que vai da Poza a Cercedo.
3.- Pavimentación da
seguinte pista na parroquia de Vilamaior: a pista de acceso á escola de Vilamaior.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O estado do pavimento de moitas das pistas e estradas das parroquias do noso concello atópanse nun estado de consevación moi deficiente, ocasionando graves perxuizos aos nosos veciños”.
“O lamentable estado de estradas como a que vai desde o lugar de Esmorís até a N-550, que é a vía de saída utilizada por moitos veciños para dirixirse desde a importante parroquia de Buscás, que conta con máis de 500 habitantes, até A Coruña”
*