Os restos mortais do Soldado Lois descansan no cemiterio ordense do Piñeiro. |
O Concello celebra unha misa
e ofrenda floral en memoria á figura do Soldado Lois
O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Regos e o coronel de
Infantería de Mariña e Xefe do Tercio Norte, Ignacio Yáñez González
Un ano máis o Concello de Ordes celebrou
un acto litúrxico e ofrenda floral na honra de Manuel Lois García,
coñecido como o ‘Soldado Lois’. A xornada comenzou cunha recepción por parte do
equipo do Goberno municipal que estivo encabezada polo alcalde Manuel Regos, minutos
antes de asinar no libro de honor do municipio. O encargado de facelo foi Ignacio Yáñez González, coronel de Infantería de Mariña e Xefe do Tercio Norte.
O coronel Yáñez e o alcalde Manuel Regos, esta mañá ante a tumba do heroe do cruceiro Baleares. |
"Valeroso e condecorado" Manuel Lois
No seu escrito deixou plasmado o agradecemento que a Infantería de Mariña lle
ten ó Concello de Ordes “por manter viva a memoria dun dos seus soldados máis
valerosos e condecorados de todos os tempos” e tamén por “facelo ano tras ano, ininterrumpidamente,
nun día tan sinalado para todos como é o 1 de novembro”. Posteriormente o
rexidor fíxolle entrega dun agasallo en nome dos veciños de Ordes como recordo
deste día.
O coronel Yáñez asina no libro de honra do Concello de Ordes ante a presencia do alcalde, Manuel Regos. |
Acto nos baixos da Alameda
Entre o público que presenciaba este acto que se desenvolveu na sala de
conferencia dos baixos da Alameda, atopábanse o tenente da Comandancia da Garda Civil da Compañía de
Santiago, Jorge Rodríguez; O sarxento da Garda Civil de Ordes, Antonio Pérez
Castrillón, así como representantes da Policía Local de Ordes entre outros
cargos.
Tras un breve percorrido polo centro da vila todos eles chegaron ata o
cemiterio do Piñeiro, coñecido popularmente como ‘cemiterio vello’, lugar onde
xa agardaba un nutrido número de veciños e veciñas que quixeron participar desta
homenaxe.
Dende a súa morte en 1937 no cruceiro Baleares, Manuel Lois recibiu as maiores condecoracións do Exército español. |
Coroa de loureiro
Tras a misa celebrada ó aire libre e oficiada polo párroco castrense
do corpo da Mariña, que tamén, contou
coa participación da banda de música do Tercio Norte da Infantería de Mariña,
Manuel Regos e o coronel Yáñez procederon a depositar unha coroa de
loureiro ante a tumba do ‘Soldado Lois’.
Á par membros da infantería facían
unha salve de honor lanzando unha carga de disparos ó aires, mentres que a
banda entonaba o seu himno Reina de los mares.
*