domingo, 11 de noviembre de 2012

O BNG quere que a antiga Casa do Concello de Ordes recupere os servizos administrativos

Estado actual da antiga Casa do Concello de Ordes e do edificio anexo.
Os nacionalistas tamén proporán que edificio anexo sexa destinado a centro de promoción económica e viveiro de empresas

Castro califica de "caótica, irresponsábel e improvisada" a reforma da Casa do Concello


O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que os nacionalistas ordenses levarán unha moción ao vindeiro pleno para, segundo informan, dar un xiro de 180 grados á xestión que está a facer o alcalde coas obras de remodelación da Casa Consistorial.

Gonzalo Castro criticou duramente a xestión do alcalde en todo o relacionado coa remodelación da Casa Consistorial, que calificou de “caótica, irresponsábel e improvisada”, o portavoz nacionalista xustificou esta valoración afirmando que “primeiro construese un edificio anexo con escasa funcionalidade, onde se ubicaron os servizos administrativos do Concello e agora no colmo dos despropósitos preténdese destinar a totalidade do edificio da antiga Casa Consitorial a salón de plenos e despachos do alcalde e dos grupos políticos”.

O portavoz do BNG afirmou que “a propia denominación que utiliza o alcalde para referirse ao seu proxecto con respecto á antiga Casa Consistorial cando fala da creación dunha “zona noble do Concello”, demostra ben que hai tempo que perdeu o sentido común e que o que pretende é facer un mausoleo para o seu propio desfrute e privilexio a costa do diñeiro de todos os veciños”.

Gonzalo Castro.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Destinar todo un edificio público a salón de plenos e despachos dos cargos públicos constitue un luxo asiático alleo ás necesidades dos veciños, toda unha mostra do despotismo do alcalde”

“No vindeiro pleno proporemos volver a instalar os servizos administrativos municipais na antiga Casa Consistorial e instalar no novo edificio anexo un centro de promoción económica e viveiro de empresas, que poida dar alternativas aos máis de 1.200 desempregados de Ordes”

“Estes aires de grandeza e prepotencia do alcalde xa teñen costado máis de 1,5 millóns de euros e teñen hipotecado aos veciños cun crédito de 700.000 euros para dar satisfacción ao seu ego persoal”.

*