jueves, 8 de noviembre de 2012

Emilia Vázquez Pardo: "Os veciños de Ordes somos moi, moi solidarios"

Ordessiete falou coa presidenta local da Asociación Española Contra o Cancro da cea solidaria que preparan para este sábado

"Estamos moi ilusionados por poder contar co maior número posible de veciños o sábado no Túnel"

A delegación de Ordes da Asociación Española Contra o Cancro (AEECC) celebra este sábado día 10 no restaurante El Túnel a que será a súa segunda cea benéfica anual, logo dunha primeira e exitosa experiencia o pasado 25 de novembro do 2011. O éxito da convocatoria desta edición permitiulles ampliar o prazo de reservas ata todo o día de mañá venres. A súa presidenta, Emilia Vázquez Pardo (Ordes, 1939) falou para Ordessiete:

Como chegou a ser presidenta da AEECC en Ordes?
A AEECC naceu en Ordes dende a Asociación de Mulleres de Ordes. No ano 2004, a presidenta, que era una profesora do instituto de Ordes, deume o relevo. Eu xa presidía Cáritas Ordes, así que xa tiña unha experiencia traballando con asociacións de carácter solidario.

Cantos socios ten a AEECC en Ordes na actualidade?
A nosa asociación se circunscribe únicamente ao término municipal de Ordes, e somos algo máis de 300 socios e socias, todos veciños e veciñas de Ordes.

Que obxectivos se plantexan para a cea solidaria deste sábado?
Estamos moi ilusionados por contar co maior número de veciños solidarios. O ano pasado foron un pouco máis dun cento de participantes. Este ano xa temos confirmados máis de 140 participantes entre os propios veciños, asociacións culturais, partidos políticos e dende logo, tamén contamos co Concello de Ordes.

Ademais, quen por calquera circunstancia non poida participar na cea pero si quere aportar a súa axuda o poderá facer facendo un donativo na 'mesa cero' que temos habilitada para a cea.

Contarán o sábado co alcalde Manuel Regos?
Dende logo que o alcalde está convidado á cea, e estaremos encantados de que poida participar connosco na cea solidaria deste sábado.

"Os fondos se destinan fundamentalmente á investigación oncolóxica"
A que se destinan os fondos que os nosos veciños aportan nas huchas da AEECC?
Nós dende Ordes custodiamos eses cartos que son enviados á organización provincial, e dende aí van destinados fundamentalmente á investigación oncolóxica. En Ordes, e a diferencia do resto de España, facemos a nosa campaña de cuestación nunha data diferente xa que aproveitamos a festa do champiñón para pedir a colaboración desinteresada dos ordenses e dos nosos visitantes.

Somos solidarios os ordenses?
(Sen dubidar) Si, o somos e moito. Os veciños de Ordes somos moi, moi solidarios. Eu non podo máis que expresar o noso agradecimento ao pobo de Ordes por tantas e tantas mostras de solidaridade con que nos agasallan altruistamente. Dende logo, Ordes é o que é grazas á calidade humana dos seus veciños e veciñas.

Vostede e tamén presidenta de Cáritas en Ordes. Realmente ve graves necesidades en familias do noso concello?
Si, as vexo. Esas necesidades existen. Hai necesidades de alimentos, atrasos ou incapacidade de poder pagar as facturas da luz ou da auga, e dende Cáritas tratamos de que a esmola que recibimos, que cada vez é máis precaria, dea para poder axudar a todos eses veciños de Ordes necesitados. Ademais percibimos tamén un incremento no noso municipio dos chamados pobres vergoñentos, que son aqueles pobres que non piden axuda nin falan da súa precaria situación, como se sentiran vergoña da súa delicada situación persoal e económica.

Como poden colaborar os nosos veciños coa AEECC e Cáritas?
Poden colaborar de dous xeitos: facendo doazóns económicas nas nosas huchas ou ben na igrexa parroquial para ser destinado a Cáritas, ou tamén poden participar dun modo máis activo nas conferencias, encontros e charlas que ofrecemos periódicamente. Tamén poden participar doando alimentos e outros recursos básicos para as familias máis necesitadas de Ordes.

 
II Cea Solidiaria Asociación Española Contra o Cancro de Ordes
Sábado, 10 de novembro do 2012 ás 21:30 horas.
Restaurante El Túnel (Avenida de Alfonso Senra 119). Teléfono 981 680280
Prezo: 25 euros.
Máis información: Emilia Vázquez Pardo (Tlf. 638617302) ou Carmen Iglesias (Tlf. 696136265).

*