O Partido
Popular de Ordes iniciará o próximo domingo, 18 de novembro, unha rolda de
reunións cos veciños das diferentes parroquias do concello cun dobre obxectivo:
materializar o compromiso de diálogo permanente adquirido durante a campaña das
municipais, e recabar propostas relacionadas coas necesidades de cada parroquia
para logo trasladalas ao pleno municipal.
As primeiras
reunións terán lugar nas parroquias de Beán (ás 10:45 horas do domingo 18 de
novembro, na casa reitoral) e en Pereira (ese mesmo día, ás 12:00 horas, no
local social).
Martínez Sanjurjo, do PP de Ordes. |
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municiap do PP de Ordes
“A actitude aberta e dialogante do PP contrasta coa cerrazón
do alcalde e o seu grupo de Goberno, que levan preto de seis anos pechados nos
seus despachos, sen falar coa xente e ignorando os problemas reais dos veciños
de Ordes”
“Esta é a
realidade: o PP fala coa xente e interésase nos seus problemas, mentres Regos
se parapeta no seu despacho para evitar as críticas que suscitan medidas como a
revisión de valores que provocou a subida do IBI ou a ausencia de resposta do
Concello fronte ás crecentes necesidades dos veciños das parroquias e da vila”
“Nunha lexislatura na que o Concello de Ordes deu as costas ás parroquias, o Partido Popular inicia unha rolda de visitas para explicar aos veciños a verdadeira situación do Concello de Ordes e, ao tempo, elaborar un inventario de necesidades que despois defenderemos no pleno municipal”
*