A tenente de alcalde, Silvia Marín, o alcalde Manuel Regos e a dereita, o conselleiro en funcións Agustín Hernández. |
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado do conselleiro en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, e da tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín, visitou na mañá de onte o Centro de Vialidade Invernal de Ordes con motivo da activación do Plan de Vialidade Invernal 2012-2013, que se manterá operativo ata o próximo 30 de abril cun investimento de catro millóns de euros.
Circulación de vehículos
A Xunta de Galicia pretende así a correcta circulación de vehículos ao longo de case 5.500 quilómetros da rede autonómica de estradas. Un plan que permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos provocados polos efectos meteorolóxicos do inverno e tomar decisión planificadas, rápidas e efectivas ante calquera alarma derivada das inclemencias meteorológicas.
Tamén participaron na visita o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e o constructor local Ramón Carro, entre outros.
*