Este venres 30 de novembro a partir das 18:30 horas, a
biblioteca municipal de Ordes acollerá unha nova sesión das súas Tardes de
contos e lendas. Trátase da narración Sopa de calcetíns, un espectáculo
narrativo que correrá a cargo do grupo Duencecico.
Por mor do elevado número de
asistentes que acuden a cada convocatoria deste tipo os organizadores pasarán,
dende esta semana, a celebralo na sala principal da biblioteca.
“Pensamos que
deste xeito a xente poderá estar máis cómoda e poderemos acoller a máis xente,
de maneira que os pais, nais e acompañantes poidan acceder sen problemas á sala
e desfrutar conjuntamente dos contos”, puntualizan dende a dirección da
biblioteca.
*