martes, 6 de noviembre de 2012

A biblioteca de Ordes continúa co seu exitoso programa de 'Tardes de Contos e Lendas'

O éxito de público do programa cultural 'Tardes de Contos e Lendas' é evidente na biblioteca municipal de Ordes.

Deu comezo unha nova campaña de fomento do hábito á lectura que ten lugar o último venres de cada mes

A biblioteca municipal de Ordes ven de iniciar unha nova tempada das súas 'Tardes de contos e lendas'. Unha iniciativa que se desenvolverá o último venres de cada mes e que terá como principais protagonistas os nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e os oito anos de idade. Mediante a narración oral e a través dos contacontos preténdeselle achegar a todos eles este espacio xestionado polo Concello, onde a demais de servizo de biblioteca tamén se ofrece o de ludoteca. 

Obxectivos do programa
Entre os obxetivos tamén está o de fomentar o hábito á lectura, ademais do de compartir tempo de lecer cos pais, nais e coidadores, xa que todos eles tamén poden acudir ás sesións. Na primeira cita desta tempada, acontecida hai escasos días, xuntáronse preto de 80 rapaces e rapazas. Todos xuntos poideron disfrutar dunha particular e máxica viaxe guiados por un personaxe de conto.

*