Gonzalo Castro, do BNG de Ordes. |
"Resulta inexplicable como a traxectoria política de Alfonso Senra poidera pasar inadvertida pola bancada nacionalista"
Por R. A. Landeira
O
24 de setembro do 2007, o pleno da Corporación municipal de Ordes aprobaba por
unanimidade unha moción presentada polo BNG que propoñía o cambio do rueiro de
Ordes respecto daquelas vías que soportaban nomes referentes á etapa franquista. Así, rúas como General Mola, Generalísimo, Calvo Sotelo e José Antonio mudaron o
seu nome polos actuais de Galicia, Nova, Lagartos e do Recreo.
Esta reivindicación histórica,
presente nos debates plenarios xa dende 1983, supuxo, en palabras do portavoz
dos nacionalistas de Ordes, Gonzalo Castro, “unha satisfación” ao considerar que con esa acción, esa etapa histórica quedaría “pechada definitivamente” na nosa vila.
O que resulta inexplicable é como a traxectoria política de Alfonso Senra Bernárdez, quen condeou a Niceto Alcalá-Zamora á pérdida da nacionalidade española e ao embargo de todos os seus bens por “estorbar el triunfo proverbial del Glorioso Alzamiento”, poidera pasar inadvertida pola bancada nacionalista con Ramiro Recouso e María Xosé Raña ao carón de Castro.
O presidente da Real Academia Galega, o historiador Xosé R.
Barreiro Fernández dixo do fillo predilecto de Ordes que cos anos, foi desviando a súa militancia cara ao "integrismo político", e que as colaboracións de "dous dos representantes do integrismo
profascista español” na súa obra literaria, como foron Antonio
Goicoechea e Manuel Delgado Barreto, son “reveladoras”.
Tivo que ser, non cabe outra cosa, que un lapsus de Gonzalo Castro.
Outras informacións sobre Alfonso Senra e Ordes
Quen foi realmente Alfonso Senra? http://ordessiete.blogspot.com.es/2011/10/quen-foi-realmente-alfonso-senra.html
Alfonso
Senra condeou a Alcalá-Zamora por “estorbar el triunfo proverbial del Glorioso
Alzamiento” http://ordessiete.blogspot.com.es/2012/05/alfonso-senra-condeou-alcala-zamora-por.html
Alfonso Senra contou cos principais integristas profascistas
da época para escribir o seu libro: http://ordessiete.blogspot.com.es/2012/06/alfonso-senra-contou-cos-principais.html
*