miércoles, 7 de noviembre de 2012

Pesar entre os socialistas ordenses polo pasamento de José Manuel Pose

Xesús Pedreira: “Foise un socialista moi querido, sempre do lados dos traballadores, un galego exemplar”

O pasamento do exdelegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose Mesura, antonte aos 62 anos de idade sumiu á Agrupación Socialista de Ordes nun profundo pesar. Licenciado en Filoloxía Clásica pola USC e pertencente  ao Corpo de Mestres  de Ensino Secundario, era natural de Barizo-Malpica. 

Foi delegado do Goberno apenas un trimestre, entre outubro do 2011 e xaneiro do 2012. Antes, durante a súa etapa como subdelegado do Goberno puido coñecer o concello de Ordes en múltiples ocasións de xeito oficial co gallo de varias obras financiadas polo Goberno central socialista.

Así, Pose Mesura, inaugurou as obras de ampliación do tanatorio do Balado xunto ao alcalde, Manuel Regos, en decembro do 2009. Tamén en novembro do 2010 coñeceu de primeira man as obras da ronda leste que dende o Concello de Ordes estaban a ser impulsadas a través do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade xunto ao por entonces delegado do Goberno, Antón Louro.

Xesús Pedreira.
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación local do PSdG-PSOE de Ordes
“Foise un gran home como foi José Manuel Pose Mesura. Un socialista moi querido, bo e xeneroso, que sempre estivo do lado dos traballadores, e un galego exemplar"

"Aquí en Ordes deixou grandes amigos no son entre a familia socialista, senón tamén entre os nosos veciños. Descanse en paz o noso querido José Manuel Pose” 

*