miércoles, 7 de noviembre de 2012

Terrorífica noite do Samaín na Casa da Cultura de Ordes

A Casa da Cultura foi o escenario dun terrorífico misterio sobre unha rapaza desaparecida...


A Cruz Vermella transformou o edificio nun castelo encantado

Os participantes tiveron que resolver o misterio da rapaza desaparecida

A noite do Samaín foi realmente terrorífica no concello de Ordes grazas ás actividades organizada pola Cruz Vermella. A Casa da Cultura transformouse así nun castelo encantado onde todos os participantes tiveron que descubrir o  misterio da rapaza desaparecida

A actividade rexistrou un cheo absoluto nos tres turnos de participación.

Resolver o misterio
Deste xeito e coa axuda de fadas e outros personaxes percorreron cada unha das salas deste espazo coa fin de resolver o misterio. En total foron tres turnos de participación que rexistraron un cheo absoluto, aínda que foron varios os participantes que non resistiron o medo e decidiron abandoar.

*