Gonzalo Castro: "“O séctor lácteo que é estratéxico para a
comarca de Ordes, perdeu en Galiza máis
de 3.000 explotacións, o que ocasionou a destrucción de 10.000 empregos"
Os nacionalistas reclaman un marco de relacións entre os diversos operadores do sector
O BNG de Ordes presentou esta mañá unha moción en
apoio das mobilizacións das organizacións agrarias e da folga de entregas de
leite prevista para o vindeiro 27 de novembro.
Os acordos que
propón o BNG ao pleno da Corporación Municipal de Ordes son os seguintes:
1.- RELACIÓNS XUNTA-OPERADORES. Instar á Xunta de Galicia a impulsar un
marco galego de relacións entre os diversos operadores do sector lácteo coa
finalidade de procurar medidas e políticas que fagan fronte a situación das
explotacións leiteiras, asumindo a súa defensa diante do Estado.
2.- MORATORIA NA REGULACIÓN PRODUCTORA. Instar á Xunta de Galicia a que demande do
Goberno do Estado o estabelecemento dunha moratoria na aplicación do Decreto
1363/2012 até que existan medidas que garantan prezos mínimos xustos e cubran
os custes de produción dos gandeiros e gandeiras galegas.
3.- APOIO ÁS MOBILIZACIÓNS. Apoiar as mobilizacións das organizacións
agrarias galegas que reivindican medidas contra a grave situación do sector
lácteo e que se inician o 27 de novembro coa folga de entregas de leite.
Gonzalo Castro, do BNG de Ordes. |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O sector lácteo galego está nunha situación límite. Nos tres últimos anos desapareceron en Galiza máis de 3.000 explotacións, acadando nese mesmo período a cifra dos 10.000 empregos destruídos. con arredor de 3.000 explotacións que están ao borde da suspensión de pagos”
“Unha das principais causas desta situación son os baixos prezos do leite en orixe, ao que hai que engadir o desmesurado incremento dos custes de produción: prezo dos cereais, dos pensos, dos combustíbeis, etc.”
“Esta situación vese agravada pola falta de iniciativa do Goberno galego que non só non adoptou ningunha actuación para facer fronte a esta situación senón que mesmo adoptou decisións políticas que comprometeron gravemente a viabilidade e o futuro das explotacións”
*