Alfonso Senra formou parte do tribunal que desterrou e privou da nacionalidade española ao demócrata conservador Niceto Alcalá-Zamora
Ordes leva arrastrando durante 89 anos o desprestixio de ter a este indigno avogado e xornalista como fillo predilecto e titular da principal arteria da nosa vila
O expresidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no
Exterior, Manuel Castelao Bragaña, renunciou recentemente ao título honorífico
de Fillo Adoptivo do Concello de Negreira logo dunhas desafortunadas
declaracións nas que afirmou que tanto as leis e as mulleres están para ser
violadas. Xa antes, as súas polémicas palabras tiveron resposta inmediata e Castelao
Bragaña presentaba a súa dimisión ao día
seguinte do incidente ante a ministra Fátima Báñez.
O profascista Senra Bernárdez. |
A carreira política de Senra é indigna para os ordenses
Sen embargo, o Concello de Ordes leva arrastrando durante
89 anos a vergoñenta situación de cargar na súa dignidade e prestixio co nome
do profascista Alfonso Senra Bernárdez. Durante
a curta lexislatura de 1923, o Pleno da corporación municipal do Concello de Ordes,
reunido o 15 de agosto dese mesmo ano e co gallo das festas patronais,
decidiu outorgarlle a este avogado e xornalista metido en política co apoio do
cacique comarcal Saturnino Aller, a súa insignia de fillo adoptivo.
Coma se este xesto non fora suficiente e nun exercicio extremo de servilismo para cos padriños políticos de Senra, o Pleno
presidido polo por aquel entonces alcalde de Ordes, Manuel García Bernárdez,
decidiu tamén honrar ao descoñecido político co bautismo co seu nome "a la mejor calle de la ciudad".
A sacrificada sería a rúa Real, que a partires de aquel
verán pasaría a chamarse avenida de
Alfonso Senra. Resulta significativo coñecer que da aportación de Senra á vila de Ordes, o
historiador Manuel Pazos só logra identificar
significativamente o adoquinado dunha
rúa, precisamente da rúa Real.
Asinou a sentenza contra o demócrata Alcalá-Zamora
Pero sería a súa activa participación no
pavoroso corpo administrativo franquista do Tribunal de Responsabilidades
Políticas onde Senra Bernárdez amosaría todo o seu lamentable despropósito para
condear ao demócrata conservador Niceto Alcalá Zamora, primeiro presidente da
II República ao desterro, a pérdida da nacionalidade española e ao embargo de
todas as súas propiedades.
Dende logo, motivos máis que suficientes como para non considerlo nin tan siquera ordense, e retirarlle todas cantas dignidades foron ofrecidas polos ordenses do pasado e das que esta personaxe inxustamente goza dende 1923.
*