lunes, 19 de noviembre de 2012

Sabías que...Ordes foi escenario dun sanguinario crime?

Francisco Liste / Foto: ABC.
Aconteceu o 10 de abril de 1903 entre dous veciños: Francisco Liste e Joaquina Ovelleiro

A mañá do 10 de abril de 1903 resultaría moi dificil de esquecer para os nosos antepasados en Ordes. Un veciño, Francisco Liste, achegouse á casa de Joaquina Ovelleiro e asestoulle varios machetazos na cabeza que remataron coa súa vida. 

Por se isto non fora pouco, o homicida destruiu tamén unha mesa escritorio e un armario para voltar logo dunhas horas e prenderlle lume ao cadaver.

Franciso Liste foi condeado a 17 anos de prisión e ao pago de 5.000 pesetas polo seu crime.

*