Piden que se publiquen na web municipal todos os precedimentos administrativos, incuidos os negociados e os de obra menor
O Partido
Popular de Ordes ven de informar que “observa con
incredulidade como as diferentes contratacións efectuadas polo Concello de
Ordes se desenvolven nun círculo pechado, de costas ao principio de
transparencia”, e reclamará no pleno da Corporación desta semana que o alcalde e o equipo de
Goberno publiquen na web municipal todos
os procedimentos de contratación efectuados pola Administración local, incluidos
os negociados e os expedientes de obra menor.
A través
dunha moción que defenderá no pleno deste xoves, o PP de Ordes pretende que o
Concello dote de contido o “perfil do contratante” da web municipal e agarda
contar co respaldo dos restantes grupos da oposición para levar adiante esta
medida.
José Luis
Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes, considera que “a transparencia é o
mellor antídoto contra as prácticas que conlevan á sospeita de calquera tipo de
irregularidade”.
Iniciativas no pleno
Ademais, no
Pleno que se celebrará este xoves, o Partido Popular de Ordes presentará outras
iniciativas como unha moción para mellorar a seguridade viaria e reducir a
sinistralidade no lugar de Vilariño (Buscás).
Rogos
Rogo para que o Concello revise e arranxe os
desperfectos que presentan boa parte das “illas verdes” respartidas polas
distintas parroquias.
Rogo para que o Concello limpe e acondicione as
cunetas e taludes da pista que
comunica a estrada AC-413 co lugar de Cestaños (Parada).
Rogo para que o concello autorice a manter abertos
os baños do local social de A Baixa de Ardemil coincidinco coa celebración
de oficios relixiosos na igrexa parroquial.
Rogo para que o Concello mellore a iluminación e
sinalización na rotonda que enlaza a rolda leste coa AC-524 e a AP-9.
Rogo para podar as polas que nun treito de pista
entre Pruzos e A Hermida (Beán) dificultan o paso do autobús do transporte
escolar.
Rogo para que o Concello repoña a subministracion de
auga na fonte pública situada entre os lugares de Pontello e A Igrexa, en
Beán.
Rogo para que o Concello inste ao organismo titular
a arranxar os desperfectos que presentan as vías de servizo que discorren
paralelas á estrada N-550 ao seu paso por Ordes.
Rogo para que o Concello arranxe os desperfectos
derivados da existencia de baldosas soltas en varias rúas da vila.
Rogo para que o Concello efectúe os traballos de
limpeza e mantemento da senda verde que enlaza O Paraíso coa ponte da
Pinguela, e que presenta un estado intransitable nalgúns tramos.
Rogo para que solvente a confusión na sinalización
horizontal nos pasos de peóns da Rua República Arxentina na intersección
con Alfonso Senra, e se vixíe o incorrecto estacionamento de vehículos.
Preguntas
Sobre a participación do Concello na edición dunha
revista de ámbito local.
Sobre o control/descontrol do Concello de Ordes
sobre o uso dos vehículos oficiais de titularidade municipal e o gasto xerado en combustible, reparacións
e seguros.
Sobre quen autorizou, e as razóns, que os tractores
municipais sexan custodiados por unha empresa privada.
Sobre o tratamento dos cascallos da antiga casa
consistorial.
Sobre o custe das festas patronais de Ordes.
Sobre as obras que o Concello está executar na
cidade deportiva de Vista Alegre.
*