viernes, 9 de noviembre de 2012

Os socialistas proporán no Pleno o remate da urbanización do Piñeiro e o arranxo do vial do Quinto


Xesús Pedreira: "Se trata de dúas obras moi necesarias e pedidas polos veciños e que teñen un custe asumible polo Concello, pois non chegarían aos 80.000 euros"

O portavoz municipal dos socialistas de Ordes, Xesús Pedreira, vén de presentar ao Concello de Ordes a súa proposta de actuacións a incluír no POS 2013, para o cal Ordes ten concedida unha axuda de case 400.000 euros por parte da Deputación provincial da Coruña. 

Os socialistas ordenses propoñen incluír dúas obras de especial interese para os veciños e veciñas de Ordes como son o remate da urbanización no Laranxal (no Piñeiro) e o arranxo da pista do Quinto, que comunica cos lugares de Parada e de Castenda.

Xesús Pedreira, do PSOE de Ordes.
As frases de Xesús Pedreira, portavoz municipal do PSdG-PSOE de Ordes 
“Son dúas obras moi necesarias e pedidas polos veciños e veciñas destas parroquias e que teñen un custo asumible para o Concello, pois non chegarían nin aos 80.000 euros, o que non supón nin o 20% do POS 2013”

"O proxecto de urbanización do Laranxal incluiría a creación de beirarrúas e acceso a garaxes nesta área do Piñeiro, onde antigamente estaba a granxa de Anselmo”

"O arranxo do vial do Quinto, dende a estrada AC-413 (Ordes-Carballo), faríase con rego asfáltico, pois é unha pista moi utilizada e que se atopa en malas condicións, o que obriga a facer continuos rebaches”

*