A socialista Esther Couto foi a gran valedora de Ordes no Congreso durante a primeira lexislatura de Rodríguez Zapatero como presidente do Goberno
Os deputados da oposición son os que máis iniciativas presentan
As infraestruturas de transportes e a estrada N-550 ao seu
paso polo noso municipio copan practicamente toda a atención do Congreso dos
Deputados de Madrid no que ao municipio de Ordes se refíre. Dende o ano 2000 e
ata hoxe foron 62 as iniciativas presentadas polos diferentes grupos parlamentarios
preocupándose pola nosa seguridade e bienestar.
Joaquín Sisó. |
A primeira pregunta sobre Ordes
Sería durante a terceira lexislatura, concretamente
o 28 de marzo de 1988, cando se rexistra a primeira pregunta sobre Ordes na Cámara
baixa de Madrid. Aquela honra correspondeulle a un arquitecto e inxeñeiro de Montes, Joaquín Sisó, deputado de Alianza Popular por Huesca, que preguntou no Congreso cantas peticións de liña telefónica, baixas, liñas vacantes, e instalacións tiveron
lugar en Ordes durante o ano 1987.
Uns meses máis tarde, o 20 de outubro dese
mesmo ano, esa mesma pregunta xa foi retomada polo diputado compostelán Ángel
López Guerrero (AP).
Sétima lexislatura
Máis recentemente, durante a sétima lexislatura da
democracia española, a segunda de José María Aznar como presidente do Goberno, unicamente
fixéronse dez preguntas no hemiciclo sobre Ordes, en concreto sobre actuacións
pendentes na N-550 ao seu paso polo Mesón do Vento, o papel do noso municipio na
nova rede ferroviaria do Eixo Atlántico, o soterramento ilegal de vacas, unhas exencións
no pago do imposto IAE, e sobre o funcionamiento da nosa oficina de Correos.
Por
grupos parlamentarios, o Grupo Mixto, adscrito polo BNG, presentou seis desas preguntas
e informes por tres do Grupo Socialista e unicamente una polo Grupo Parlamentario Popular.
Esther Couto. |
Oitava lexislatura: Esther Couto
Durante a octava lexislatura, a primeira de José Luis Rodríguez
Zapatero como presidente e cunha ordense no hemiciclo, a socialista Esther
Couto, Ordes acadou vinte iniciativas parlamentarias.
Fixéronse preguntas sobre a rede de alta velocidade da variante de Ordes,
sobre o proxecto de circunvalación da vila e outras obras na N-550, sobre as
instalacións da Guarda Civil no noso municipio, a recuperación de solo rústico,
as viviendas en aluguer que serán subvencionadas, e sobre o destino da estación
da Pontraga.
Sería Esther Couto a gran valedora de Ordes durante
esa lexislatura ao ser capaz de presentar nove desas iniciativas incluíndo unha
proposición non de Lei en Comisión relativa á variante de Ordes. Durante eses catro anos, a Couto lles siguen o Grupo Popular con seis iniciativas presentadas e por último Grupo Mixto, a través do portavoz do BNG, Francisco Rodríguez, con cinco.
IX Lexislatura
Sen embargo, sería durante a pasada lexislatura 2008-2011,
a última de Rodríguez Zapatero como presidente do Gobierno, cando máis veces se
falaría de Ordes no Pazo das Cortes cun un total de 32 iniciativas, se ben 16 delas tiveron que ver con diferentes tramitacións xudiciais no partido xudicial de
Ordes presentadas polo Grupo Popular.
Tamén preguntaron os populares pola mortalidade na N-550 ao seu paso por
Ordes, e sobre a partida orzamentaria relativa á variante de Ordes. En total, as
32 iniciativas presentadas ante o Congreso foron formuladas polo Grupo Popular.
Rafael Simancas. |
Actual lexislatura: cero iniciativas
Por último, Ordes aparece orfa de iniciativas durante todo
tempo desta décima lexislatura da democracia que deu comezo o 13 de decembro do 2011.
Ningún grupo parlamentario foi quen de levar algunha pregunta sobre o noso municipio ante o rexistro de entrada do Pazo das Cortes da Carreira de San Xerome de Madrid.
Ningún grupo parlamentario foi quen de levar algunha pregunta sobre o noso municipio ante o rexistro de entrada do Pazo das Cortes da Carreira de San Xerome de Madrid.
Lembremos que o portavoz do PSOE na
Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, Rafael Simancas, anunciou o pasado 6 de outubro e durante un encontro café con afiliados e
simpatizantes socialistas en Cerceda, a presentación dunha enmenda aos Orzamentos Xerais do Estado respecto á rotonda na N-550 que da acceso ao polígono industrial
de Merelle.
Estamos á espera.
Estamos á espera.
*