A medida proposta polos populares foi aprobada na sesión plenaria do pasado xoves
Martínez Sanjurjo: "O PP volve a demostrar que é o único que está ao carón dos problemas da xente"
A moción
impulsada polo Partido Popular de Ordes para reducir nun 75% o imposto sobre construccións,
instalacións e obras (ICIO) aplicable ás explotacións gandeiras e agropecuarias
deste municipio rematou a súa tramitación no Pleno celebrado o pasado xoves día
25, que aprobou a modificación da ordenanza fiscal que regula esta taxa.
O Partido Popular felicítase pola implantación desta rebaixa e adianta que nos vindeiros plenos continuará propoñendo medidas factibles que redunden en beneficio dos veciños de Ordes.
Con este
trámite, materializouse o compromiso adquirido no Pleno municipal de finais de
setembro, no que a Corporación aprobou unha moción impulsada polo portavoz
municipal do Partido Popular para axudar
ao sector primario de Ordes, oprimido polas estreiteces económicas derivadas da
falta de rendibilidade das explotacións.
A modo de
exemplo, o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, sinalou que construír un establo de 500 metros
cadrados de superficie implica, antes da bonificación impulsada polo PP, pagar
ao Concello unha taxa de máis de 2.500 euros.
José Luis Martínez Sanjurjo (PP). |
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Con esta iniciativa,
o Partido Popular volve demostrar que é o único
que está ao carón dos problemas da xente, mentres os demais se
atrincheiran nos despachos por temor a mancharse de realidade”
*