jueves, 1 de noviembre de 2012

Unha delegación de Mediasiete participou nas eleccións de Ucrania deste domingo

Un grupo de observadores internacionais entre os que se atopan os delegados de Mediasiete, durante unha visita ao Ministerio de Asuntos Exteriores de Ucrania.

O seu presidente editor, Pedro Mouriño, e o letrado asesor, Renato A. Landeira foron acreditados como observadores internacionais no proceso electoral

Velaron pola calidade democrática de ata dez colexios electorais na area da capital ucraniana, Kiev

Unha delegación de Mediasiete, empresa editora do xornal Santiagosiete e tamén deste blog Ordessiete, ven de participar en calidade de observadores internacionais nas eleccións lexislativas celebradas este pasado domingo 28 en Ucrania.

En concreto, participaron como observadores internacionais o seu presidente editor, Pedro Mouriño, e o secretario e letrado asesor de Mediasiete, Renato A. Landeira, veciño este último de Ordes.
Imaxe dun dos colexios visitados nas aforas da capital do país, Kiev. 

Proceso electoral
Invitados pola organización internacional Central European Group for Political Monitoring e acreditados ante a Comisión Central Electoral de Ucrania, os delegados de Mediasiete puideron coñecer con detalle o proceso electoral do país a través da visita e control de ata dez colexios electorais na capital, Kiev

O obxectivo destas observacións foi acreditar si as eleccións seguiron ou non os estándares europeos de calidade democrática e libre participación cidadá en procesos electorais.

O presidente de Mediasiete, Pedro Mouriño, durante a súa valoración das observacións ante a axencia de información internacional Interfax.
Ucrania: entre Moscú e Bruselas
A importancia destas eleccións, que contou con máis de mil observadores internacionais espallados por todo o país, resulta crucial non só para o destino desta exrepública soviética, senón tamén para o futuro da Europa oriental, quen afronta situarse entre unha dualidade de intereses e influencias entre Bruselas e Moscú

Finalmente e sen que os observadores internacionais acreditados observaran ningún tipo de incidencia nos colexios, as eleccións foron gañadas pola coalición de partidos no poder, Partido das Rexións, do lider prorruso Víktor Yanukovich, cun 28,1 % dos votos. En segundo lugar quedou Batkívshina, partido da carismática e encarcelada exprimeira ministra prooccidental, Yulia Timoshenko, cun 24,7 % dos votos.

De esq. a der. Alberto Casero, senador; Pedro Mouriño, Julio Bravo, concelleiro en Trujillo (Cáceres); e Renato A. Landeira, nun colexio electoral en Kiev.
Observadores españois
Os galegos coincidiron con outros observadores españois no proceso electoral ucraniano, como o senador do Partido Popular Alberto Casero ou o exministro e presidente da delegación socialista no Parlamento Europeo, Juan Fernando López Aguilar.

*