Inscricións ata o 28 de setembro no primeiro andar do anexo da Casa do Concello
Clases de luns a venres de 19:30 a 22:00 horas nos baixos da Alameda
O departamento de Educación do Concello de Ordes ven
de abrir o prazo de matriculación para un novo curso de Ensinanza Secundara
Obrigatoria (ESO) para adultos. Ésta está especialmente dirixida ás persoas maiores
de 18 anos que estén empadroadas no municipio ordense.
Para
poder asistir a este curso os interesados deberán inscribirse ata
o próximo 28 de novembro no primeiro andar do
novo consistorio. Deberán cubrir unha ficha cos seus datos persoais e
facer entrega dunha fotocopia do seu DNI.
De decembro a abril
O curso está previsto que de comenzo
en decembro e concluirá a finais de abril, data na que se realizarán os
primeiros exámenes. As clases terán lugar nos baixos da Alameda de luns a
venres dende as 19:30 ata as 22:00 horas. Aqueles que non consigan aprobar na
primeira convocatoria poderán continuar coas clases ata principios de setembro,
mes no que se poderán volver a examinar.
*