martes, 13 de noviembre de 2012

O PP propón dedicar o POS 2013 á rede viaria do rural de Ordes


Martínez Sanjurjo: "“Esta rede viaria presenta un deficiente estado de conservación, dada a nula atención prestada polo Goberno local" 

O Partido Popular de Ordes defenderá ante a comisión informativa e proporá no vindeiro pleno municipal, destinar a partida de máis de 400.000 euros da que disporá este concello con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) de 2013 da Deputación Provincial da Coruña, á execución de obras de acondicionamento e reparación de boa parte da rede viaria municipal no rural, logo de varios anos de abandono.

As actuacións propostas son as seguintes:

ARDEMIL:
-  Pista á Barcula dende o cruce que vai a baixa de Ardemil.

BARBEIROS:
-  Pista a Aldeiña
-  Pista desde O Cruceiro a Fondo da Aldea

BUSCÁS:
-  Pista en Pumariño.
-  Pista desde A Rúa á N-550, por Esmorís.

LEIRA:
- Pista desde Meitufe de Arriba ata o cruce entre O Castro e A Pedreira.

MONTAOS:
-  Pista que vai dende a principal de A Sobreira-Fosado, cara Zan  ata o límite do termo municipal con Oroso.
- Tramo  en peor estado  que comunica os núcleos de Chan e Vixide cara o núcleo de A Costa.

PEREIRA:
-  Pista a Aldea de Baixo

BEÁN:
-  Aglomerar o remate que falta contra o Concello de Oroso despois da Aldea de Abaixo e Puzos.
- O remate que quedou contra o Concello de Oroso (Recouso-Marzoa) dende o cruce que desvía cara o Cercedo.

VILAMAIOR:

-  Casa do Monte, tramo de acceso ás vivendas.
-  Pista de Melante a Fondo da Aldea.
-  Pista que comunica A Casanova con O Carballo.
- Pista que comunica A Lanza co local social de Vilamaior e Os Marchás.
-  As Corredoiras, acceso ás vivendas situadas mais ó sureste.
-  Patrocelos, camiño de entrada ás vivendas.
-  Primeiro tramo da pista entre Adrán  e Casa do Monte.

POULO:
-  Pista dende A Senra, por Blanca, Outeiro, diante da Igrexa ata A Costa (vía de servizo da AC-524)

LESTA-MERCURÍN:
-  Estrada que comunica o núcleo de Lesta con Pepín
-  Pista entre Os Abeneiros e O Pazo

PARADA:
-  Pista dende O Piñón a O Quinto (AC-413)
-  Pista de O Pazo a As Fontenlas
- Varios tramos que comunican entre si as casas do lugar de Cestaños.

José Luis Martínez Sanjurjo.
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Esta rede viaria presenta, na actualidade un deficiente estado de conservación, dada a nula atención prestada polo Goberno local a estes equipamentos nos últimos anos"

"Regos deulle as costas ás parroquias e preferiu gastar inxentes cantidades de cartos en obras innecesarias e non demandadas, como a ampliación da Alameda ou a nova Casa Consistorial, a pesar de que con ese elevado volume de recursos económicos podería ter promovido actuacións moito máis útiles”

*