miércoles, 7 de noviembre de 2012

Ordes analiza a posibilidade de ser sede dun proxecto pioneiro para invidentes


O proxecto está participado pola ONCE a a Asociación Alquimmia Inline.

Consiste na posta en marcha dunha terapia a través da patinaxe

Onte tivo a lugar a primeira sesión con membros da ONCE e da Asociación Deportiva e Cultural Alquimia Inline no pavillón Castelao


O Concello de Ordes perfílase como candidato para acoller unha nova iniciativa de integración, aprendizaxe e mellora na calidade de vida, na que as persoas invidentes ou que presentan algunha diversidade funcional na vista son os principias protagonistas. Uns obxetivos que se esperan alcanzar mediante á práctica de deporte, concretamente da patinaxe en liña

Trátase dun proxecto pioneiro en toda España e que a concellería de Diversidade Funcional do municipio, Lucía Iglesias, estaría disposta a apoiar dentro das súas posibilidades, contando tamén co esforzo da ONCE e da Asociación Deportiva e Cultural Alquimia Inline.

Onte á mañá, o pavillón Castelao albergou unha primeira xornada de traballo co fin de ter unha primeira toma de contacto. Unha sesión na que Fernando Pardo, Silvia González e Natalia Naya, membros de Alquimia Inline analizaron o comportamento e a resposta de Tito Villar e Felipe Cotelo, afiliados á ONCE e cun acentuado problema de visión.

“Unha vez que pos os patíns resulta difícil poder plasmar na pista toda a información previa que recibimos, á par que tratamos de movernos sos. Pero pouco a pouco imos avanzando“, comenta Felipe Cotelo e que ratifica o seu compañeiro Tito. Éste destaca “a sensación de equilibrio, o seu desenvolvemento e a percepción dos seus límites en canto te pos sobre unhas rodas. Sei que isto valerame para o tema da miña posición corporal e a miña motricidade, ademais de ser unha actividade moi positiva dende o punto de vista socializador”.

Lucía Iglesias.
As frases de Lucía Iglesias, concelleira de Diversidade Funcional de Ordes
“É de gran importancia de levar a cabo iniciativas deste tipo orientadas a quen máis o precisan”. 

“De desenvolverse en Ordes este proxecto as portas estarán abertas para usuarios de calquera punto xeográfico”

"Apostamos por poder alcanzar niveles de integración e de mellora a través de actividades novedosas, lúdicas, divertidas e distendidas para quen as realiza, sempre tendo en conta a importancia dos resultados"

"A todo isto no caso de Ordes hai que engadir unhas boas infraestructuras para poder levar a cabo este proxecto, ó contar con polideportivos e pistas que xa teñen albergado campionatos nacionais de hoquei. Todo elo debido á aficción e bo nivel que temos nesta disciplina deportiva grazas a equipos que militan en primeira división da liga galega, como é o caso do A.C. Órdenes

*