O Partido Popular de Ordes fixo hoxe público o seguinte comunicado co gallo do Día Internacional da Violencia de Xénero:
"O día 25 de novembro converteuse
nun día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento máis
profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres.
A
violencia de xénero debe ser considerada como un problema público e social de
primeira magnitude.
Representa
un ataque ao dereito á vida, á integridade física, ao libre desenvolvemento da
personalidade, á liberdade, á seguridade, e á non discriminación, tal como xa
proclama a nosa Constitución e o noso Estatuto.
Todos os
poderes públicos teñen a obriga de adoitar as medidas necesarias para facer
reais e efectivos estes dereitos.
Mentres siga
existindo un só caso de violencia de xénero non viviremos nin gozaremos dunha
sociedade que poida vivir libre e en igualdade real entre mulleres e homes.
Estamos convencidos que a
erradicación da violencia de xénero pasa por un proceso de maior concienciación
social e de educación.
A conquista
real da igualdade, do respecto á dignidade humana e da liberdade das persoas,
ten que ser un obxectivo prioritario das políticas públicas, polo que é
fundamental levar a cabo, dende todas as Administracións, actuacións transversais que incidan na mellora da
igualdade de oportunidades a todos os niveis.
Xunta e FEGAMP
Por todo o anterior, o Partido Popular de Ordes proporá a adhesión do Concello de Ordes á Rede de entidades locais en contra da violencia de xénero, acción promovida polo Goberno da Xunta de Galicia e a FEGAMP, xa que esta Rede se configurará como un instrumento que permita conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra.

*