Nin
o chinés, o alemán nin o ruso como idiomas das economías emerxentes poden co interese dos
ordenses por coñecer o inglés. Segundo
informa a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia, as
matriculacións nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia durante os cursos 2008-2009 a 2011-2012 incrementáronse nun 38,8 % respecto dos cursos 2005-2006 a 2008-2009.
Inglés, francés, alemán e italiano
Un ano máis, as ensinanzas máis
demandadas son as do idioma inglés, cun total de 20.871 matriculados en toda Galicia, seguidas do
francés, o alemán e o italiano. Respecto ao noso municipio, o ensino do
inglés é unánime xa que os 201 alumnos matriculados en Ordes escolleron a
apredizaxe desta lingua.
*