miércoles, 7 de noviembre de 2012

Os cascallos da Casa do Concello se converten en saburra

Procesado de cascallos co que conseguir saburra (en castelán, zahorra). 
O material será destinado á construcción de pistas e camiños rurais do noso municipio

Os cascallos derivados das obras de remodelación da antiga Casa do Concello de Ordes xa foron procesados co fin de obter saburra. O uso previsto deste material será destinado á construcción de pistas ou camiños rurais dentro do ámbito municipal, entre outras posibilidades. 

Unha unidade da empresa Javier Ares levou a cabo esta labor na xornada de onte,  na que se empregou unha retropala e unha machacadora.

Merelle
Durante todo o día estívose a traballar na parcela ubicada no polígono industrial de Merelle, espazo no que provisionalmente se almacenará o material reciclado ata que sexa requerido. 

*