A segunda edición da cea da AECC en Ordes congrega a 170
personas de Ordes e comarca
A presidenta Emilia Vázquez lembrou emocionada as últimas
vítimas desta enfermidade do noso municipio
Os salóns do restaurante El Túnel acolleron na noite de
onte a segunda edición da cea solidaria organizada pola Xunta local de Ordes da
Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Un exitoso encontro que congregou a
170 persoas chegadas de Ordes e da nosa comarca que non quixeron perderse a cita e acompañar a súa presidenta, Emilia Vázquez Pardo, nunha noite que asemella será unha das imprescindibles
do ano en Ordes e que conseguiu recadar preto de 1.000 euros para a
investigación contra o cancro.
Agradecemento de Emilia Vázquez
A noite deu comezo co agradecemento por parte de Emilia Vázquez
a todos os asistentes á cena. Tamén quixo lembrar a presidenta a cada un dos veciños e
veciñas de Ordes que xa non están con nós, víctimas do cancro durante este ano
e o pasado. Unhas palabras que remataron cos emocionados aplausos de todos os
asistentes.
Menú a 25 euros
A cea consistiu nuns entrantes a base de embutidos, croquetas, calamares á romana e pulpo á feira,
para dar paso a pescada á galega e rematar con tarta de chocolate, café e
licores. Para beber, Cepa Vella Ribeira Sacra 2011 e Rías Baixas Viña
Dozo 2011, ademais de auga e refrescos. Todo a un prezo de 25 euros dos cales cinco foron destinados
integramente á loite contra o cancro.
Mesa presidencial
A mesa presidencial estivo ocupada por Emilia Vázquez Pardo acompañada da tenente de alcalde de
Ordes, Silvia Marín, que lucia unha renovada e favorecedora imaxe; así como os
concelleiros de Deporte e Xuventude, e Diversidade funcional do Concello de
Ordes, Roberto Iglesias e Lucía Iglesias, respectivamente. Tamén Marcos
Calvo, sicólogo da asociación xunto a Carmen Iglesias e Elisa Paz presidiron a cea.
Sorteo de agasallos
Logo do menú tivo lugar un dos momentos máis esperados da
noite co sorteo dos agasallos doados polos establecementos colaboradores do acto.
Algún dos gañadores de obxectos tan diversos como foron aparatos electrónicos,
caixas de viño, xamón, productos farmacéuticos, xoias e reloxos, doces e cestas
de froitas ou libros foron Pepe Martínez, Jorge González, Pili Cristín, María Xosé
Mira, Pili do Jaipy, María Almodóvar ou Lucía Domínguez, quen levouse o
regalo estrela da noite: un vale dunha fin de semana no balneario da Toxa.
Fortuna nacionalista
A anécdota da noite a protagonizaron os membros do BNG
local Gonzalo Castro, Montse Rei e Ramiro Recouso, gañadores os tres doutros
tantos agasallos no sorteo.
Música e poesía
Por último, a velada foi amenizada polo guitarrista Albo,
quen brindou aos participantes unha emocionada versión de Lela, de Alfonso R. Castelao.
Logo da música, o ocurrente humor e a poesía de Julita Calvo puxeron a guinda a
unha noite inolvidable para todos.
*