Os custes apenas alcanzan os 3.600 euros
O BNG de Ordes
denunciou onte que a Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Castelao remitiu unha carta aos pais e nais dos cativos
de primaria pedindo unha doazón para a construción dunha coberta que permita
aos nenos entrar ao colexio sen mollarse e sair ao patio nos días de choiva.
Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes, afirmou tras este feitos que “esta actuación da ANPA
proúcese despois de que o Goberno municipal e a Xunta non atendesen as súas peticións
para a construcción desta importante instalación”.
Segundo o portavoz do BNG de Ordes o alcalde negouse a afrontar o custo dos
materiais para a construcción desta coberta, cifrado en arredor de 3.600 euros,
e só se comprometeu a poñer a disposición os operarios do Concello para facer
esta obra, aludindo a que o Concello non podía asumir o pago dos materiais ao
non dispoñer de recursos.
Os nacionalistas confimaron ademais que levarán unha moción ao pleno municipal de hoxe, exixindo ao Goberno local e á Xunta que sufraguen o custe desta obra.
Gonzalo Castro Prado. |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O alcalde de
Ordes e hipócrita e
mentireiro, xa que mentres se nega a pagar 3.600 euros nunha actuación moi
necesaria, despilfarra centos de miles de euros en festas e nas obras da Casa
Consistorial”
“Os pais e nais do CEIP Castelao son
víctimas dun alcalde que non resolve os seus problemas e que mostra unha
sumisión absoluta diante dos inxustos recortes en materia educativa da Xunta do
PP”
*