Espazo deixado pola marquesina desaparecida no lugar de Samamís, na parroquia de Vilamaior. |
Gonzalo Castro acusa ao Goberno municipal de retirala
Propoñen reubicala onde fai parada o autobús escolar
O BNG de Ordes denunciou onte a desaparición
dunha marquesina no lugar de
Sanamís, da parroquia de Vilamaior. Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
afirmou que “polas informacións de que dispoñemos, parece ser que foi o propio Goberno municipal quen retirou esta marquesina, que estaba a ser utilizada por
bastantes cativos desta parroquia para esperar polo transporte escolar”.
O portavoz nacionalista instou ao
alcalde a “repoñer esta marquesina de
forma inmediata” e propuxo a súa instalación no outro lado da estrada, onde
realmente para o autobús escolar, para evitar que os rapaces teñan que cruzar a
estrada desde a marquesina até o autobús, tal e como estaba pasando até agora.
Os nacionalistas propoñen reubicar a marquesina neste espazo, que é onde fai parada o autobús escolar. |
Repisa de cemento
Gonzalo Castro xustificou esta proposta no
feito de que ese espazo xa conta
cunha repisa de cemento para instalar a marquesina, que xa fora preparada para
dar cabida á actual marquesina, "cousa que inxustificadamente non se fixo”, asegurou.
Castro calificou toda esta situación de “bochornorsa, constituindo unha mostra máis da improvisación e incapacidade do alcalde”
*