viernes, 9 de noviembre de 2012

Arranca a liga de fútbol de Ordes

O torneo local deu comezo no pavillón Campomaior coa participación dun cento de xogadores.
Os partidos dispútanse xoves e venres a partir das 21:00 horas no pavillón Campomaior

Participarán os equipos: Muchas gracias, Leira, Alpa Ordes, Dispoint, Mesón de Deus, Verano azul, Montaos, Trasmonte, Spl Imaxe e Interordes

A liga local de fútbol sala organizada polo Concello de Ordes dou comenzo na tarde de onte. Este ano participan dez equipos do noso municipio, e un de Oroso, o que supón a participación dun cento de xogadores aproximadamante. Os encontros disputaranse os xoves e venres a partir das 21:00 horas no polideportivo Campamaior, ubicado na mesma vila de Ordes.

Equipos participantes
Participarán: Muchas gracias, Leira, Alpa Ordes, Dispoint, Mesón de Deus, Verano azul, Montaos, Trasmonte, Spl Imaxe e Interordes. Nesta ocasión recibirán trofeo os catro primeiros clasificados, ademais de outorgarse outros premios como ó do máximo goleador ou o premio á deportividade entre outros. 

Os encontros continuarán unha vez remate a liga local, prevista para o mes de abril. Esta vez será co gallo da Copa Concello de Ordes, na que se prevé a participación de moitos deste equipos.

*