Álvarez Díaz e Xesús Pedreira durante a inauguración do parque Pilar Martínez Viqueira, en xuño do 2008. |
Presidente de Sogama entre 2005 e 2009, foi o primeiro que ofreceu unha indemnización ao concello de Ordes polas molestias causadas pola planta de Cerceda
A Agrupación Socialista de Ordes amosou hoxeo seu
profundo pesar polo pasamento de José Álvarez Díaz, quen fora presidente da Sociedade Galega de Medioambiente (Sogama), entre os anos 2005 e 2009.
Álvarez Díaz, natural de Monforte de Lemos e actual
xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica da Confedereación Hidrográfica
Miño-Sil, morreu hoxe luns en Pozuelo de Alarcón (Madrid) aos 63 anos de idade logo dunha enfermidade. Recibirá sepultura no camposanto
desta localidade madrileña.
Álvarez Díaz asinou co Concello de Ordes
varios convenios de colaboración nos anos 2007 e 2008, por un importe de máis
de 100.000 euros cada un, que permitiron a realización de obras tan importantes
como a construción do parque infantil e de maiores Pilar Martínez Viqueira (no
barrio do Paraíso), a rehabilitación de varias fontes e do seu entorno (no
Mesón do Vento, en Cabeza de Lobo –Ardemil- e na costa de Santa Cruz) e a
construción de 'illas verdes' en varias parroquias de Ordes (instalacións
conformadas por contedores para a recollida de papel, vidro, envases lixeiros e
residuos orgánicos).
A estas accións hai que engadir distintas campañas de
fomento da compostaxe e de respecto medioambiental levadas a cabo dende a
Concellería de Medio Ambiente, daquela dirixida por Xesús Pedreira.
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes
“Pepe foi unha gran persoa que contribuíu moito á mellora do medio ambiente de Ordes durante a súa estancia como presidente de Sogama”
"Álvarez Díaz foi o primeiro presidente de Sogama que ofreceu unha compensación ao Concello de Ordes polas molestias que ocasionaba a planta cercedense e o seu apoio foi moi importante para conseguir a materialización da rolda Leste e que os camións do lixo deixaran de pasar polo centro da vila de Ordes”
"Pepe nos ofreceu na tramitación da Rolda Leste, cando se comprometeu ante a Xunta a desviar por ela todo o tráfico de camións que chegaban a Cerceda ou cando cambiou a ruta dos camións que subían pola rúa do Recreo, provocando desagradables cheiros en Ordes”
*