miércoles, 7 de noviembre de 2012

A asociación contra o cancro celebra este sábado en Ordes a súa cea benéfica anual


Será no restaurante El Túnel a partires das 21:30 horas a un prazo de 25 euros por persoa

A delegación da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) en Ordes celebrará este próximo sábado, 10 de novembro, a partires das 21:30 horas, a segunda edición da súa cea benéfica anual orientada a recadar fondos para financiar as actividades desta entidade sen ánimo de lucro e concienciar á sociedade sobre esa doenza.

A presidenta da delegación local da Asociación contra o Cancro en Ordes e organizadora do evento, Emilia Vázquez, anima aos veciños a asistir a esta cea benéfica, que se celebrará no Restaurante El Túnel, onde xa se poden efectuar as reservas e adquirir os vales de asistencia, a un prezo de 25 euros por comensal.

Sorteo de agasallos
Durante a cea, os organizadores sortearán diferentes agasallos cedidos de balde por empresas e comercios da vila. A cea benéfica contará coa asistencia da presidenta provincial da Asociación  Española contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro

A organización tamén habilitou unha 'mesa cero' para aquelas persoas que desexen colaborar economicamente coa Asociación Española contra o Cancro aínda que non asistan á cea.

*