martes, 1 de mayo de 2012

Trinta novos expertos en informática saídos das aulas de Ordes


Os participantes nos cursos de informática do Concello de Ordes recibiron os seus diplomas.

Estes cursos do Concello de Ordes voltarán tras os meses de verán

Máis de 30  alumnos dos cursos de informática para adultos organizados polo Concello de Ordes recibiron onte os seus diplomas que acreditan os coñecementos adquiridos nesta materia. As clases deron comenzo o pasado mes de febreiro e ó longo destes meses impartironse materias adaptadas ós tres niveis ofertados; iniciación, medio e avanzado

No acto de entrega estivo presente o concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña, quen manifestou o seu desexo de que os próximos cursos que se organicen tras os meses estivais conten co mesmo nivel de participación e aceptación que os que se acaban de clausurar .

*