Disfrutaron do relato A maleta de Lila, escenificado pola compañía Sorrisos
A biblioteca municipal de Ordes recibiu esta mañá a visita dunha treintena de alumnos e alumnas das escolas unitarias
de Beán, Merelle, Montaos e Buscás. As encargadas do centro explicáronlles o
funcionamento e servizos que se prestan dende a biblioteca, ademáis de facerlle
entrega do seu carné de socios.
Tras as explicacións e o percorrido polas
distintas salas do centro todos eles tiveron ocasión de desfrutar e divertirse
co relato ‘A maleta de Lila’ escenificado pola compañía Sorrisos.
Posteriormente foron os propios rapaces e rapazas quenes relataron un conto
preparado previamente por eles mesmos.
*