Ata o próximo venres 1 de xuño o
Concello de Ordes manterá aberto o prazo para inscribirse nos campamentos
deportivos 2012 organizados pola Deputación da Coruña e dirixidos a rapaces e
rapazas de 9 a
13 anos.
Golf, vela de cruceiro, tenis, volei praia, visitas culturais guiadas
pola Coruña e comarca, xogos cooperativos e de praia, ou as olimpiadas de paz
son algunhas das actividades previstas para este verán. O colexio Calvo Sotelo,
ubicado na Coruña, servirá de aloxamento para todos os
participantes. Realizaranse tres quendas que se distribuirán según o concello
de procedencia dos participantes e que no caso de Ordes será durante a semana
do 8 ó 14 de xullo. A cuota de inscrición ascende a 85 euros e inclúe o
transporte interno, estadía, manutención, así como os gastos derivados das
actividades programadas.
Todos os interesados poden pasar polo departamento de
Cultura e Deportes para formalizar a súa reserva de praza. Para elo deberán
entregar unha ficha que se facilitará no departamento de Cultura e Deporte cos
seus datos persoais.
Tamén é preciso unha foto tipo carné, unha fotocopia da
tarxeta sanitaria, outra do carné de identidade ou do libro de familia, copia
do pagamento das cuotas así como un xustificante médico si se precisase algún
tratamento específico. No caso de que o número de solicitantes sobrepase o de
prazas ofertadas éstas asignaríanse mediante sorteo.
*