Poderase depositar na porta de cada establecemento cada día antes das 15:00 horas
O plan está dirixido ós
establecementos do municipio e entrará en funcionamento na primeira semana de xuño
O Concello de Ordes porá en marcha a
partir do próximo mércores 6 de xuño un novo sistema de recollida selectiva
porta a porta de papel e cartón. Eco Comercio, que é o nome que se lle da a esta iniciativa medioambiental, está
exclusivamente orientada ós establecementos comerciais do municipio así como ós
postos de venda ambulante que cada mércores se instalan no Campo da Feira.
Para poder facer uso deste servizo basta con depositar na porta de cada
establecemento o papel e cartón sobrante antes das 15:00 horas. É importante que
os residuos non obstrúan a vía pública e que estén perfectamente apilados e
atados. No caso dos vendedores ambulantes habilitaranse uns puntos concretos no
Campo da Feira par tal fin.
Eco Comercio é unha iniciativa desenvolvida pola concellería de Medio
Ambiente do Concello de Ordes que pon a disposición dos comerciantes da vila de
xeito totalmente gratuito.
*