miércoles, 30 de mayo de 2012

Máis de cen inscritos na II Xuntanza Cabalar de Ardemil


Celebrarase esta fin de semana a partir do venres ás 20:00 horas

Aberta a inscrición ata o comeo de cada proba no teléfono 630199594 e 696843590 

A parroquia ordense de Ardemil celebrará esta próxima fin de semana a II Xuntanza Cabalar, que ata o día de hoxe xa conta con máis de cen exemplares inscritos. Este encontro, que se desenvolove coa colaboración do Concello de Ordes e onde os cabalos e bestas son o principal atractivo, arrancará o próximo venres 1 de xuño a partir das 20:00 horas. Unha xornada onde se contará coa actuación do cantante Mario e cunha degustación de panceta gratis para todos os asistentes.

Ao día seguinte o recinto feiral abrirá as súas portas ás 08:00 horas. A partir das 10:00 horas disputarase o concurso de mellor besta cruzada e ás 11:00 horas terá lugar o de mellor cabalo cruzado. Ás 16:00 horas arrancarán os xogos de barrís e ás 17:00 horas a exhibición de andadura. Nesta proba tamén desfilarán moitos dos participantes e premiados no Campionato Galego de Andadura. Tamén está prevista unha gran churrascada e regalos sorpresa para os participantes e asistentes. En caso de chuvia instalarase unha carpa.

Co fin de acadar o maior número posible de participantes os organizadores manterán aberta a inscrición ata minutos antes do  comezo de cada proba. Non obstante se o prefiren poderán apuntarse con antelación chamando ós teléfonos 630 199 594 e 696 843 590.

*