O grupo municipal do BNG de Ordes presentará unha moción na próxima sesión plenaria para que o
Pleno da corporación municipal do Concello de Ordes pida ao Ministerio de Fomento unha limitación ao tráfico pesado que circule en
dirección a Santiago ou A Coruña pola N-550 ao seu paso polo centro da vila de Ordes ao existir a alternativa da recén inaugurada ronda leste.
Na moción dos nacionalistas se propoñen excepcións en casos
xustificados, como son os dos vehículos que deban efectuar descargas en empresas ou
comercios do centro de Ordes, ou o transporte público con paradas na vila.
Montserrat Rei, concelleira do BNG de Ordes, manifestou que “non resulta suficiente con sinalizar
adecuadamente a nova ronda para sacar o tráfico pesado do centro de Ordes,
é necesario que o Ministerio de Fomento, como titular da N-550, prohiba o
tráfico pesado de máis de 3,5 toneladas de masa no tramo desta estrada que discurre pola vila de Ordes”.
A concelleira explicou que “non existen razóns para non adoptar esta medida, xa que os camións que
circulan cara A Coruña ou Santiago pola N-550 teñen unha alternativa para
circunvalar o núcleo urbano sen pasar polo centro, a recentemente inaugurada ronda leste”.
Montserrat Rei. |
A frase de Montserrat Rei, concelleira do BNG de Ordes
“Despois de
moitos anos de espera, a mobilización dos veciños e veciñas de Ordes, con máis
de 3.000 sinaturas que solicitaron o desvío do tráfico pesado do centro da vila,
especialmente os camións de lixo que teñen como destino SOGAMA, ten conseguido
que se construise unha ronda alternativa para desviar o tráfico pesado do
centro da vila"
"Debense realizar de xeito inmediato todas cantas xestións sexan precisas e que permitan á veciñanza poder desfrutar canto antes dos beneficios desta ronda”
"Debense realizar de xeito inmediato todas cantas xestións sexan precisas e que permitan á veciñanza poder desfrutar canto antes dos beneficios desta ronda”
*