Os grupos políticos municipais de Ordes apoian a
petición da Agrupación Socialista ordense de que se manteña o Partido Xudicial
de Ordes. Así o acordaron durante unha comisión informativa celebrada esta
mesma mañá, na que decidiron elaborar un escrito conxunto para enviarllo ao
Consello Xeral do Poder Xudicial.
O secretario municipal de Ordes será o encargado
de redactar o devandito documento, que será elevado ao pleno municipal do
vindeiro 31 de maio. Esa proposta conxunta dos distintos grupos municipais de
Ordes será enviada posteriormente ao Consello Xeral do Poder Xudicial “xa que
todos coincidimos na necesidade de que se manteña o Partido Xudicial de Ordes,
sobre todo pola dispersión da poboación nesta área”, explica Pedreira.
Novo deseño
Os socialistas entenden que a desaparición de
Ordes como Partido Xudicial, debido a un novo deseño de Demarcación Xudicial
acordado polo Consello Xeral do Poder Xudicial o pasado 3 de maio, “perxudica a
Ordes tanto no económico como no xudicial, e podería poñer en perigo nun futuro
próximo a supervivencia dos dous xulgados que actualmente temos na vila de
Ordes”, sinala Pereira Mirás.
*