O Concello de Ordes ven de informar que o Goberno Central ven de concederlle o crédito solicitado en base ao plan de pago a provedores aprobado
en Consello de Ministros o pasado 2 de marzo. En total son 2,7 millóns de euros
os solicitados e concedidos ao ente municipal, dos cales dous millóns corresponden a facturas contabilizadas e
non aprobadas, e outros 487.000 euros a facturas xa recoñecidas.
"Boa praxis"
Deste
xeito, aseguran dende o Concello, "ponse de manifesto o correcto procedemento e a transparecia empregada neste
procedemento" tal e como se establece nas bases reguladoras do plan. Unha "boa
praxis" que xa se especificara "nun informe recentemente realizado polo interventor municipal ante as críticas verquidas contra o alcalde,
Manuel Regos, a quen acusaban de ocultar información".
*