jueves, 3 de mayo de 2012

O pavillón Castelao acolle este domingo unha exhibición de patinaxe artística

A partir das 12:00 horas e coa participación de varios campións galegos


Este domingo 6 de maio a partir das 12:00 horas, o pavillón municipal Castelao albergará a III Exhibición Municipal de Patinaxe Artística Ordes 2012


Unha cita onde participarán dezaoito equipos de diferentes categorías que ofrecerán outras tantas coreografías. Nesta cita en Ordes tamén participará Celso Martínez, subcampión galego alevín de patinaxe artística. 


A entrada ao recinto é libre e gratuíta.


*