As poetas Rocío Leire Castro e Lara López foron as gañadoras do V Certame de Poesía Concello de Ordes nas categorías xeral e infantil, respectivamente, que fallouse o pasado venres 25 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas.
A continuación transcribimos os poemas gañadores, que podes escoitar a través dos seguintes enlaces de Radio Ordes: A península do meu amor e A lúa.
A península
do meu amor (Rocío Leire Castro)
Ti eras, muller, como a palabra primeira pronunciada polo
vento,
como o movemento perfecto dunha xesta de cristal,
como un poema do tempo prendido na eternidade.
Quixen
obviar a túa pantasma
e deixarme atrapar pola fuga das horas descalzas,
como a vella exausta das danzas no caer da tarde.
Mirarte lentamente, muller, dende a península do meu amor,
dende a pola máis alta da fraga.
Mirarte
sen facerche dano coas miñas pupilas,
e pronunciar o teu nome sen mancarme.
Sen deixar que a artillería das miñas palabras
en choupos pétalos mores do teu nome.
O teu nome, flor veloz da que brotan os estamios,
como fervenzas de auga doce que me empapa.
Porque agora teño resaca do teu corpo, dos teus pistilos,
en coros estraños, alzadeiros ocultos nos que encorar os
meus soños.
As túas pegadas son os campanarios que me chaman a misa
e son tan curtos os momentos ao teu lado...
Non
estaría mal que durasen máis que a propia vida.
Nas túas
mans xa non son una boneca de louces matizada.
Agora o vento pinta orgasmos entre as pantasmas das
árbores
e os anxos caen do ceo como estalacticas que impregnan o
aire.
E ardo na túa casa de papel porque para negar o sol, ti
es suficiente.
E falo da chuvia a través de ti, das túas bágoas.
Es coma subliñara nos beizos dun salgueiro que renace da
seca.
Por iso agora me dedico a honrar o teu nome.
A exacular as madrugadas para inseminar en ti un novo día.
A lúa (Lara López)
A lúa brila no ceo
A lúa está moi cansa
A lúa enriba do mar
Ten os cabelos de prata.
Cobren as nubes do ceo
Cobren as ondas do mar
Cobras as cinco estreliñas
Que están de noite a xogar.
Xa remata a poesía
Xa me teño que marchar
Xa vou eu para a camiña
Eu xa me vou descansar.
*