Moitos deles recibiron agasallos de xogos, peluches e libros tras un sorteo
Co gallo da celebración do Día das
Letras Galegas 2012, a biblioteca municipal de Ordes expón unha serie de debuxos e
pinturas realizados por rapaces e rapazas con idades entre os 3 e 12 anos. Na
tarde de onte, moitos deles recibiron un agasallo tras un sorteo. Xogos, peluches e moitos libros
foron algúns dos premios que este ano se repartiron entre todos os
participantes.
Certame de poesía
Por outra banda, de cara o vindeiro
venres 25 de maio levarase a cabo a lectura dos poemas gañadores do Certame de Poesía Concello de Ordes. Será a partir das 20:00 horas nun programa especial que Radio Ordes
realizará con este motivo.
*