Manuel Regos, primeiro pola esqueda, onte no hotel Rúa do Vilar cos alcaldes da comarca e directivos do Obradoiro. |
O CAB Obradoiro necesita algo máis de tres millóns de euros para convertirse en sociedade anónima deportiva e poder seguir competindo na actual Liga Endesa ACB. Con ese obxectivo, o seu presidente, Raúl López, convocou onte nun céntrico hotel de Santiago a un grupo de alcaldes da comarca, entre os que se atopaba Manuel Regos para darlles a coñecer esta realidade.
Arcas valeiras
Segundo informa La Voz de Galicia, as intervencións dos alcaldes "responderon a un mesmo patrón. Amosaron a súa simpatía polo proxecto e o seu desexo de que o proceso chegue a bo porto", ainda que tamén deixaron clara que as arcas municipais están valeiras e que "non hai marxe económico de maniobra pra poder implicarse".
*