O intelectual galleguista vigués Valentín Paz-Andrade, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. |
O Concello de Ordes convoca o seu quinto certame de poesía nas categorías de infantil (ata 12 anos), xuvenil (dos 13 aos 16 anos) e xeral (de 17 anos en adiante) co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o próximo 17 de maio.
Todos aqueles que queiran participar coas súas creacións poéticas aínda están a tempo de facelo. O próximo 14 de maio remata o plazo de recepción de orixinais. Os poemas deberán ser remitidos ao departamento de Cultura do Concello de Ordes en horario de 09:00 a 14:00 horas (Tlf. 981 680002).
Especificacións
Os poemas deberán ser orixinais, escritos en lingua galega, e non poden superar en ningún caso unha extensión máxima de 50 versos. Os poemas deberán estar mecanografiados con letra Arial a tamaño 12 e a dobre espazo. Cada poema deberá ter un título. As obras a concurso non poderán ir asinadas polo nome do seu autor/a, irá identificada baixo seudónimo ou lema, e irán acompañados dun sobre pechado no que se indicará a categoría na que participa.
No seu interior conterá os datos persoais do autor/-a: nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, así como calquera outro dato relevante sobre o traballo presentado.
A entrega de premios realizarase o día 16 de maio de 2012, con motivo da celebración do acto conmemorativo na honra de Valentín Paz Andrade. Os autores dos poemas ou un representante deles deberán estar presentes o día do acto de entrega de premios, no que se lles convidará a ler total ou parcialmente as súas obras.
*